TI NON ES DE AQUÍ? edición Xúnior

46,00

TI NON ES DE AQUÍ? Está deseñado como xogo de sociedade para crianzas de 8/9 anos en diante cuns coñecementos culturais básicos sobre Galicia e a cultura en xeral. Poderán xogar nenos e nenas a partires dos 4 anos de idade aínda que o ideal sexa o alumnado dende 3º de Primaria en diante.

Dimensións da caixa: 235x235x70mm.

Agotado

Descripción

Ti non es de aquí? edición Xúnior é un xogo de mesa no que os e as participantes deben demostrar os coñecementos que teñen sobre Galicia/Galiza e sobre outros temas de cultura xeral, contestando as cuestións que van xurdindo no xogo, divididas en 4 bloques ou áreas temáticas: 1. lingua; 2. ciencias, xeografía, recursos; 3. historia, patrimonio, tradicións, persoeiros, e 4. cultura xeral, actualidade. As tres primeiras categorías son específicas sobre o noso País. O xogo combina as preguntas con mini-retos que van poñer a proba as e os participantes en habilidades coma o debuxo ou a mímica, por exemplo.

OBXECTIVO DO XOGO

Rematar en primeiro lugar o percorrido do taboleiro respondendo atinadamente as tarxetas-pregunta e superando os retos (probas) e/ou mini-xogos que no transcurso da partida vaian xurdindo.

COMO XOGAR

As/os xogadoras/es deberán realizar un sorteo para estableceren quen inicia o xogo. A/O participante da esquerda da/o que lle toca xogar collerá a primeira tarxeta-pregunta da caixa e lerá en voz alta, primeiro o encabezamento e despois as catro opcións que figuran nela. A/O xogador/a preguntada/o deberá saber/atinar cal das 4 opcións non pertence ao encabezado da tarxeta. Se a resposta é correcta avanzará 1 casa co seu peón. No caso contrario, de non acertar, o peón fica no mesmo lugar onde está e pasará a quenda ao/á seguinte participante, sendo neste caso el/a ao/a encargada de ler as tarxetas-pregunta.

Se a/o participante preguntado/a estiver en posesión dunha tarxeta-comodín e non souber ou dubidar a resposta, e quixer empregala, deberá amosala antes de responder para que o/a xogador/a que le a tarxeta-pregunta actúe segundo o que nela poña.

En cada quenda, o xogador/a ten dereito a un máximo de 5 tarxetas-pregunta, sempre a cando as vaia atinando; é dicir, se falla non ten dereito a continuar pasando de inmediato a quenda á/ao seguinte participante.

Se no momento de xogar un peón está situado na casa dun tema determinado e a tarxeta-pregunta coincide coa mesma temática, no caso de responder ben, en lugar de avanzar 1 casa, avanzará 2. No caso de fallar ficará sen moverse.

Como sa xe dixo noutro apartado, de caer o peón nunha casa co símbolo das tarxetas-sorte, deberá coller 1 no mazo correspondente. Estas  poden usarse no momento de collerse do mazo ou reservarse para máis adiante (se un/unha non sabe a resposta á tarxeta-pregunta, evidentemente) en calquera momento do xogo. O feito de caer nesta casa non evita a tarxeta-pregunta que corresponda.

De caer o peón nunha casa co símbolo de tarxeta-reto, esta deberase facer de inmediato para poder continuar co xogo do taboleiro.

As tarxetas-pregunta, segundo se vaian usando, deberan retornar á caixa colocándoas no fondo do mazo para seren empregadas de novo, no caso de ser preciso.

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “TI NON ES DE AQUÍ? edición Xúnior”

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

También te recomendamos…