Guía definitiva das aves da Galiza

22,00

HISTORIA DA GUÍA

O 11 de novembro de 1944 a imprenta da editorial londinense John Constable & Sons, resulta gravemente afectada por un dos mísiles V2 cos que o agoniante réxime nacionalsocialista alemán pretendía, á desesperada, tornar o curso da guerra. Por entre as cuantiosas perdas provocadas polo incendio que ao longo dos seguintes días devastaría prelos e almacéns figuraban os caixóns nos que se embalaran os mil exemplares da primeira edición da Guía Definitiva das Aves da Galiza, de Salvador Lueiro, listos para seren enviados por barco ao Centro Galego de Bos Aires.

E ben podería rematar aí a historia da Guía, esvaída en fume e cinza, de non ser porque a casualidade quixo que tivésemos a sorte de dar cunha caixa que durmía nos arquivos da Biblioteca Alexander do Departamento de Zooloxía da Universidade de Oxford. Esa caixa contiña os poucos restos da Guía que se salvaran do lume, e foi a partires deses restos que nos imaxinamos a Guía.

Nacho Munilla e Pancho Lapeña.

 

Categoría:

Descripción

Inspirada no personaxe de Salvador Lueiro, naturalista, ornitólogo, ilustrador e divulgador científico, na Guía definitiva das Aves da Galiza Nacho Munilla e Pancho Lapeña, describen 33 especies de paxariños comúns da avifauna do noroeste ibérico e informamos sobre as trazas que mellor as describen; sobre a súa bioloxía, hábitats, costumes e personalidade. Incluimos tamén unha sección de etnografía e folclore paxareiro, por veces popular, por veces literaria. Tódolos paxaros van ilustrados nas súas cores e levan a carón a súa copla, canción ou poema manuscrito.

HISTORIA DA GUÍA
(escrita por Nacho e Pancho) ⬇️

O 11 de novembro de 1944 a imprenta da editorial londinense John Constable & Sons, resulta gravemente afectada por un dos mísiles V2 cos que o agoniante réxime nacionalsocialista alemán pretendía, á desesperada, tornar o curso da guerra. Por entre as cuantiosas perdas provocadas polo incendio que ao longo dos seguintes días devastaría prelos e almacéns figuraban os caixóns nos que se embalaran os mil exemplares da primeira edición da Guía Definitiva das Aves da Galiza, de Salvador Lueiro, listos para seren enviados por barco ao Centro Galego de Bos Aires.

E ben podería rematar aí a historia da Guía, esvaída en fume e cinza, de non ser porque a casualidade quixo que tivésemos a sorte de dar cunha caixa que durmía nos arquivos da Biblioteca Alexander do Departamento de Zooloxía da Universidade de Oxford. Esa caixa contiña os poucos restos da Guía que se salvaran do lume, e foi a partires deses restos que nos imaxinamos a Guía.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Guía definitiva das aves da Galiza”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *