Descripción
Idade orientativa: a partir de 10 anos
Número de xogadores: ata 5
-
Neste xogo, os romeiros e romeiras percorrerán os diferentes Camiños de Santiago conseguindo as cartas das etapas polas que pasen, quedando así na súa memoria. Estas 64 cartas, con elementos da gastronomía, do patrimonio natural e arquitectónico, festas, profesións tradicionais… servirán durante a partida para obter melloras (camiñar máis rápido, visitar máis lugares…)
Mais ao final da viaxe comeza unha fermosa experiencia. A persoa que mellor aproveitase o Camiño, quen máis puntos teña, improvisará un relato, un contiño con algunhas das súas cartas sobre como foi a súa viaxe, os lugares polos que pasou, o que sentiu…
Ademais, conta cun pequeno libro-guía para aprender un pouquiño de cada etapa e que poderedes personalizar facendo as vosas propias ilustracións.
Valoraciones
No hay valoraciones aún.