Guía definitiva dos peixes da Galiza

22,00

Segunda guía de Pancho Lapeña e Nacho Munilla na que nos  amosan 51 peixes dos mares galegos, dando conta dos seus múltiples nomes e máis algúns dos ditos, contos e fantasías que eles protagonizan

  • Páxinas: 112 |
  • Dimensións: 170×240 |
  • Idioma: castelán |
  • ISBN: 978-84-09-26337-0
Categoría:

Descripción

Na «Guía Definitiva dos Peixes da Galiza» atoparás 51 peixes dos mares galegos, dando conta dos seus múltiples nomes e máis  algúns dos ditos, contos e fantasías que eles protagonizan.

Presentados e representados por parellas en fermosas ilustracións orixinais, a meirande parte deles cumpren coas condicións seguintes: son de tamaño pequeno ou mediano; son comúns; e son doados de observar nas augas das costas atlánticas ibéricas no radio de acción dunha persoa que saiba mergullar a pulmón (ou cando menos propulsarse pola superficie da auga cos óculos de mergullo postos).

Definitiva?

É definitiva porque quere ser o segundo volume dunha colección de guías definitivas (a primeira foi a Guía definitiva das aves da Galiza). As definitivas son guías concebidas como obras de divulgación totais, úteis e atractivas para pequenos e maiores, para legos e iniciados, para espíritos sistemáticos e para espíritos románticos.

As orixes desta guía

O proxecto que propiciou este libro de peixes que tes nas mans é consecuencia dunha teima impulsora que ficou latente por moitos anos no corazón de Pancho, a quen sempre lle buliu no corpo a idea de desfacer o galimatías dos nomes dos peixes na Galiza.

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “Guía definitiva dos peixes da Galiza”

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *