Descripción
Ti non es de aquí? edición Xúnior é un xogo de mesa no que os e as participantes deben demostrar os coñecementos que teñen sobre Galicia/Galiza e sobre outros temas de cultura xeral, contestando as cuestións que van xurdindo no xogo, divididas en 4 bloques ou áreas temáticas: 1. lingua; 2. ciencias, xeografía, recursos; 3. historia, patrimonio, tradicións, persoeiros, e 4. cultura xeral, actualidade. As tres primeiras categorías son específicas sobre o noso País. O xogo combina as preguntas con mini-retos que van poñer a proba as e os participantes en habilidades coma o debuxo ou a mímica, por exemplo.
OBXECTIVO DO XOGO
Rematar en primeiro lugar o percorrido do taboleiro respondendo atinadamente as tarxetas-pregunta e superando os retos (probas) e/ou mini-xogos que no transcurso da partida vaian xurdindo.
COMO XOGAR
As/os xogadoras/es deberán realizar un sorteo para estableceren quen inicia o xogo. A/O participante da esquerda da/o que lle toca xogar collerá a primeira tarxeta-pregunta da caixa e lerá en voz alta, primeiro o encabezamento e despois as catro opcións que figuran nela. A/O xogador/a preguntada/o deberá saber/atinar cal das 4 opcións non pertence ao encabezado da tarxeta. Se a resposta é correcta avanzará 1 casa co seu peón. No caso contrario, de non acertar, o peón fica no mesmo lugar onde está e pasará a quenda ao/á seguinte participante, sendo neste caso el/a ao/a encargada de ler as tarxetas-pregunta.
Se a/o participante preguntado/a estiver en posesión dunha tarxeta-comodín e non souber ou dubidar a resposta, e quixer empregala, deberá amosala antes de responder para que o/a xogador/a que le a tarxeta-pregunta actúe segundo o que nela poña.
En cada quenda, o xogador/a ten dereito a un máximo de 5 tarxetas-pregunta, sempre a cando as vaia atinando; é dicir, se falla non ten dereito a continuar pasando de inmediato a quenda á/ao seguinte participante.
Se no momento de xogar un peón está situado na casa dun tema determinado e a tarxeta-pregunta coincide coa mesma temática, no caso de responder ben, en lugar de avanzar 1 casa, avanzará 2. No caso de fallar ficará sen moverse.
Como sa xe dixo noutro apartado, de caer o peón nunha casa co símbolo das tarxetas-sorte, deberá coller 1 no mazo correspondente. Estas poden usarse no momento de collerse do mazo ou reservarse para máis adiante (se un/unha non sabe a resposta á tarxeta-pregunta, evidentemente) en calquera momento do xogo. O feito de caer nesta casa non evita a tarxeta-pregunta que corresponda.
De caer o peón nunha casa co símbolo de tarxeta-reto, esta deberase facer de inmediato para poder continuar co xogo do taboleiro.
As tarxetas-pregunta, segundo se vaian usando, deberan retornar á caixa colocándoas no fondo do mazo para seren empregadas de novo, no caso de ser preciso.
Valoraciones
No hay valoraciones aún.